6.5.14

O Laudo de Ourense danos a razón: a votar!!

O primeiro Laudo que foi dictado por unha árbitra, Inspectora de Traballo en Ourense, considera correcto o preaviso presentado pola CIG naquela provincia e desestima todas e cada unha das causas alegadas pola UGT para a impugnación das eleccións sindicais. 

Os laudos correspondentes ás convocatorias de eleccións en Pontevedra, a Coruña e Lugo, estan previstos para os días 7, 9 e 14 de maio. Agardamos que o Laudo de Ourense sente un precedente para o resto.

Agardamos tamén que aqueles que se opoñen a que o persoal poda votar libremente para elexir aos seus representantes, entren en razón e deixen de boicotear o proceso electoral en novagalicia banco.

Coidamos que o laudo dunha árbitra imparcial, pon en evidencia as intencións de cada quen, é a CIG quen quere que o persoal poda votar.

Sem comentários: