29.4.14

Primeira arbitraxe pola impugnación das eleccións sindicais


Onte celebrouse en Ourense, coa mediación dunha arbitro (Inspectora de Traballo) a arbitraxe polas impugnacións presentadas pola UGT contra a convocatoria de eleccións sindicais nas catro provincias galegas.

Unha vez mais defendimos o dereito democrático dos traballadores e traballadoras de novagalicia banco a elixir os seus representantes, a través dun proceso de eleccións. Non cabe seguir prorrogando mandatos vencidos, para manter unha suposta representatividade maioritaria, non respaldada polas urnas. 

Maña manteremos unha reunión con todos os sindicatos e a empresa, para tratar de chegar a un acordo sobre as eleccións sindicais en novagalicia. Daremos cumprida conta do que alí tratemos, pero o noso único obxectivo é que podades votar.

Sem comentários: