O FROB decidiu que entre as condicións da poxa de Novagalicia Banco non figure o mantemento do emprego, o que nos sitúa nunha situación de extrema urxencia para defender os postos de traballo. O vindeiro 19 de decembro (xoves) realizaremos unha concentración de delegados e delegadas, ás 11:00 horas, ante o Banco de España en A Coruña, na rúa Durán Loriga 16, coa entrega dun escrito para o Sr. Luis María Linde de Castro, Gobernador do Banco de España, e no seu momento o publicaremos para o coñecemento de todo o cadro de persoal.
21 DE DECEMBRO 2013 (SÁBADO) CONCENTRACIÓN
NA PRAZA DA QUINTANA-SANTIAGO
Asemade o 21 de decembro (SÁBADO) contra as 12:30 horas, convocámosvos a unha concentración de todo o persoal de NCG Banco S.A., na cidade de Santiago de Compostela na praza da Quintana. Sabemos que son datas especiais para todos e todas, pero a situación é de máxima gravidade.
Teremos dúas pancartas cos seguintes lemas:
Pancarta 1
NCG: COMPROMISO POLO MANTEMENTO DO EMPREGO E CON GALIZA
Pancarta 2
O QUE MERCA, TAMÉN DEBE COMPROMETERSE CO MANTEMENTO DO EMPREGO.
Para a concentración agardamos que antes do vindeiro mércores 18 poidamos dispoñer da relación das persoas interesadas en trasladarse en autobús a fin de proceder á contratación dos que sexan precisos. Lembrarvos que a inscrición se pode realizar enviando un correo informando as persoas e localidade de saída, dirixido a: concentracionnovagaliciabanco@gmail.com, con un ingreso de cinco euros por persoa na conta número 2080.0570.64.3040004776. Precisamos que cada traballador ou traballadora tente traer como mínimo catro persoas (familiares, amigos, etc.); o esforzo paga a pena.
A previsión das cidades de saída de ditos autobuses é a que se indica a continuación. É preciso que ao menos contemos coa inscrición dun mínimo de 40 persoas para contratar o transporte dende cada un dos lugares mencionados. Loxicamente se non se organiza o autobús se retrocederá o importe ingresado.
Os horarios e puntos de saída, dende cada unha das cidades, son os seguintes:
* A Coruña (Praza da Palloza): 11:00 h. * Ferrol (Porto): 11:00 h.
* Lugo (Estación Autobuses): 10:30 h. * Ourense (Parque San Lázaro: 11:00 h.
* Vigo (Areal-Rectorado): 11:00 h. * Pontevedra (Corbaceiras, Parada Bus): 11:30 h.
Con chegada e saída do Campus Sur.
O regreso dende Santiago está previsto para as 14:00 horas.
DEFENDAMOS O QUE É NOSO
O NOSO COMPROMISO É CO EMPREGO E CON GALIZA
O QUE MERCA, TAMÉN DEBE COMPROMETERSE
CIG, UGT, ASCA
Sem comentários:
Enviar um comentário