10.10.13

Contestación FROB


Dado que non existía ningún tipo de información oficial sobre o proceso de venda, máis ala de declaracións puntuais dos responsables do Ministerio de Economía e do FROB nos medios de comunicación, o pasado 3 de outubro dirixímonos ao Director Xeral do citado organismo para demanda información. O 9 de outubro recibimos contestación oficial.

Cando o ano pasado a CIG se posicionou en contra do denominado rescate bancario, advertíamos que tería consecuencias laborais. O Plan de Reestruturación demostrou que desgraciadamente a nosa análise era correcta. Hoxe temos claro que o proceso de privatización é unha ameaza para o emprego, foi por iso que demandamos información do FROB.

O 9 de outubro recibimos escrito do Director Xeral do FROB no que entre outras cuestión nos indican:

“A fecha de hoy aún no se ha iniciado el proceso de venta en si. En este sentido, se está llevando a cabo una fase de análisis sobe cómo estructurar la misma, considerando las condiciones del mercado y testando el posible apetito de los inversores para la adquisición de NCG. Una vez finalice esta etapa se decidirá si finalmente se lleva a cabo el proceso de venta o no.”

Pediamos e demandamos coñecer si no prego de condicións da venda se tería en conta o mantemento de emprego, un requisito que para a CIG é fundamental. Neste senso indican:

“Finalmente, y en respuesta a las preguntas planteadas, al no haberse iniciado el proceso de venta, no existe ningún tipo de condición preestablecida y éstas no se producirán hasta que se pase a fases más avanzadas y comience la negociación de la venta con los posibles compradores.”

Queda claro pois que o Goberno Central non estableceu a día de hoxe ningún tipo de garantía en materia de emprego. Si queremos que esta condición figure no prego de venda de NCG teremos que loitar para que así sexa.

Vendas anteriores saldaron entidades por 1 euro e cun esquema de protección de activos que significaba unha nova axuda pública en caso de perdas non previstas. O proceso de venda actual si se inclúen os cretos fiscais resultaran máis gravosos para os contribuíntes, polo que cando menos o mantemento do emprego debería estar sobre a mesa.

Reclamamos do Goberno Central unha posición clara en materia de emprego, tal e como lembramos levamos IV Expedientes de Despedimentos Colectivos. Na mesma líña demandamos  que os distintos grupos interesados manifesten publicamente cal é o seu compromiso en materia  de emprego.

Temos dereito a poñer os postos de traballo por riba da mesa e os poremos. É o xusto.

Sem comentários: