O 17 de xullo estábamos
convocados a unha reunión de urxencia coa Dirección na que nos transmitiron que
se paralizaba o proceso de venda de UGAS, (non así o de EVO) xa que o futuro
comprador da Entidade será quen teña que dicir cal será a futura estrutura do
banco.
Na reunión que mantivéramos co actual Presidente de NCG banco, o pasado
4 de xullo a CIG tiña solicitado a paralización dos procesos de venda de UGAS e
EVO, así coma a paralización do propio ERE IV (as reducións de xornada de
salario xa foran paralizadas pola propia Dirección).
Dende o noso punto de vista non tiña sentido vender UGAS, cando ademais
outras Entidades que parece que teñen interese na poxa de NCG Banco, teñen
externalizados os seus servizos ou negocian a externalización (Santander, La Caixa).
Non sabemos si fracasou o intento de venda ou si realmente se impuxo a
lóxica, pero UGAS non se vende.
En relación ao futuro dende a CIG sempre apostamos pola conversión de
Novagalicia nunha banca pública e galega, a poxa incluirá inxentes novas axudas
públicas aos compradores, o que a todas luces é un novo saqueo á cidadanía en
beneficio duns poucos. Unha poxa realizada por un goberno totalmente
desacreditado polas súas actuacións e polo escándalo do caso Barcenas (caracterizado
pola corrupción e o cobro de subvencións ilegais pagadas por empresas
beneficiadas por actuacións gobernamentais).
En fin, desexamos que remate dunha vez esta situación de incerteza e
que por fin podamos traballar nunha empresa viable e solvente, a única garantía
dos nosos empregos.
Pd. A CIG non asinou ERE´s e non cobrou subvencións do banco. Tampouco
apoiou coa súa sinatura o desmantelamento de NCG Banco máis ala do Padornelo.
Sem comentários:
Enviar um comentário