Concentración da CIG ante a aprobación da fusión |
Suso
Seixo, secretario xeral, e Clodomiro Montero, secretario nacional de
CIG-Banca intervirán ás 19:00 horas do luns día 1 de xullo.
O vindeiro luns 1 de
xullo, ás 19:00 horas, comparecerán na Comisión de Investigación das antigas
caixas do Parlamento de Galiza, o Secretario Xeral da CIG Suso Seixo e o Secretario Nacional
da Federación de Banca, Clodomiro Montero. A comparecencia poderá seguirse en
directo na propia páxina web do Parlamento Galego.
Malia a CIG considerar
que o propio deseño imposto por parte do Partido Popular inviabiliza en grande
medida o desenvolvemento da Comisión de Investigación, tratará de achegar -coa
comparecencia e coa documentación que se proporcionará- que foi o que aconteceu
coa xestión das Caixas de Aforros Galegas; coa fusión -que foi o paso previo
para a privatización da Entidade-; co proceso de comercialización de
participacións preferentes e obrigas subordinadas e coas indemnizacións
cobradas por parte dos ex-directivos.
Na primeira parte
da comparecencia está prevista unha intervención de 20 minutos, posteriormente
haberá 10 minutos para preguntas por parte dos grupos parlamentarios e unha
intervención final de 10 minutos por parte dos comparecentes en representación da
CIG.
Sem comentários:
Enviar um comentário