27.5.13

Un mono cunha ballesta


A empresa continua aplicando o ERE IV, que é totalmente lesivo para os traballadores e traballadoras, están chamando a persoal elixido a dedo por Territoriais e Xefes de Zona, indicándolles que non contan con el.

A “voluntariedade” é falsa, a empresa continua tratando de forzar despedimentos a través da aplicación das lesivas medidas contempladas no ERE IV. Na última semana traballadores e traballadoras de varias Territoriais foron citados para indicarlles que “la empresa no cuenta contigo”, e para indicarlles que poderían acollerse a unha Baixa Incentivada (despedido voluntario), ou pedir un traslado (voluntario) sen saber o destino, a data de incorporación, nin as condicións. Si es convocado a unha reunión deste tipo tes dereito a acudir acompañado cun representante sindical (tal e como están demandando afiliados da CIG).


A lexislación establece, incluso nos casos de mobilidades xeográfica colectiva, os dereitos dos traballadores e traballadoras, uns dereitos que seguen vixentes. A empresa debe comunicar en tempo e forma o traslado, indicando o destino e a data de incorporación ao mesmo.

Aproveitando o estado de excepción laboral no que vivimos, pretenden que a xente acepte traslados (ou recortes salariais brutais) que non responden a criterios obxectivos, son vendetas persoais dalgún Territorial ou dos Zonas.

A estas alturas cabe preguntarse a cantos Territoriais e Zonas afectaran as medidas pactadas con CCOO, UGT e CSICA: cantos Directores Territoriais e Zonas serán despedidos?; serán forzados a acollerse a unha Baixa Indemnizada? ou a cantos lle reduciran un 34% o salario, previo traslado forzoso á Cochinchina?.

En fin algúns cun ERE na man teñen máis perigo que un mono cunha ballesta, a culpa non é do mono é de quen lle dá unha ballesta cargada.

Sem comentários: