20.2.13

Si hai despedimentos, hai conflito



O día 18 de febreiro en Santiago de Compostela houbo unha asemblea de traballadores e traballadoras convocada para que os afectados e afectadas puiderades tomar decisións.

·        Sometemos o “Acordo ERE IV” a votación, e foi rexeitado, con 3 abstencións e ningún voto a favor.

·        Sometemos a votación a impugnación do “Acordo ERE IV”, e foi aprobada con 3 abstencións e ningún voto en contra.

Nesta asemblea non se admitiron as delegacións de votos, xa que procedemos a levantar acta dos asistentes. En todo caso aprobouse abrir un período para facilitar a adhesión individual ás decisións da asemblea. Para o que adxunto remitimos documento, que unha vez cuberto (preferentemente en azul), podedes remitir a calquera delegado//a da CIG, ASCA ou CGT.

A asemblea quixo tamén deixar unha mensaxe clara para a empresa, que dixo ter logrado a “paz social” co acordo:

·        Si hai despedimentos, hai conflito.

O compromiso da asemblea é defendernos os uns aos outros. Si cando se produzan peches de centros de traballo a empresa pon por riba da mesa despedimentos para forzar baixas incentivadas (tal e como acordaron) racharan a “paz social”.

Aclarar en relación as 190 oficinas con apertura polas tardes (o 42% das oficinas que quedaran en Galiza), que non se abriran as “caixas” e polo tanto non se poderán realizar operacións con efectivo. É só para colocar produtos á clientela (seguindo coa nefasta política comercial anterior que nos levou a onde estamos).

De aí o anuncio por parte dalgún Territorial que no dia de onte dixo que pretende aplicar as reducións de xornada ao persoal administrativo durante os días val do mes.

En fin, o Acordo prevé unha quita masiva. A moitos quitaranlle o seu postos de traballo; a todos e todas os nosos dereitos. É por iso que este acordo será impugnado e combatido.

Pd. Todos os participantes nas mesas teñen a obriga legal de asinar as actas, asinar unha acta non é asinar un preacordo, nin un acordo. Nas propias actas figura quen firma o Preacordo e quen firma o Acordo, loxicamente non figuran CIG, ASCA e CGT en ningún dos casos.
Os postos de traballo se defenden, non se venden.

Sem comentários: