22.2.13

Plan de recolocación: ADECCO gaña.

A reforma laboral está facilitando o despedimento de persoal indefinido en numerosas empresas de todos os sectores, pero curiosamente abreu novas liñas de negocio para as empresas, entre elas para as impopulares ETT. As grandes e medianas empresas estan obrigadas a poñer en marcha un plan de recolocación en caso de ERE, un novo segmento de negocio. No caso de novagalicia o Plan será realizado por Lee Hecht Harrison, unha empresa do Grupo Adecco.

Deixamosvos un link, a unha declaracións do Presidente de Adecco España que non teñen desperdicio. As ETT lúcranse cos ERE´s grazas ao PP, pero non teñen reparos en botarlle a culpa aos desempregados por non atopar traballo.

Declaracións Enrique Sánchez no xornal económico Cinco Días.


Sem comentários: