18.2.13

Contestación ao Presidente da Entidade e ao Conselleiro Delegado

Comunicado conxunto CIG, ASCA, CGT.



O pasado 15 de febreiro a Voz de Galicia publicaba un artigo que destacaba “ Mas barato de lo previsto. El banco admite que el acuerdo es más barato de lo que contemplaba lo aprobado por la Comisión Europea”.

Ese artigo titulábase “Despedir no es motivo de orgullo, admiten Castellano y González Bueno”.

É totalmente rexeitable a actuación da Dirección da Entidade ao longo do proceso, pero especialmente por como ten rematado o “acordo”. Non se pode dicir que despedir non é un motivo de orgullo, e ter elaborado un plan de reestruturación durísimo con centos de despedimentos; logo ter ido a unha mesa de negociación de mala fe a procurar desfacerse do persoal do xeito mais barato; e con posterioridade saír “fachendeando” dicindo que o acordo está incluso por baixo do autorizado. Os traballadores e traballadoras do banco, que non son responsables da situación, nin se merecen este tipo de actuacións empresariais.

Así mesmo é preciso lembrar que a propia Comisión Europea deu 5 anos de prazo para acometer o proceso, pero o acordo contempla que o 90% dos despedimentos serán a curto prazo, antes do 31/12/2015.

A Dirección da Empresa aforrou diñeiro, impedindo unha saída digna para moitos compañeiros e compañeiras, así mesmo acurtou a 3 os 5 anos os prazos autorizados. Non vale pois dicir que “despedir non é motivo de orgullo”, na súa man estaba facer as cousas dun xeito distinto, pero preferiron vencer, antes que convencer.

Pd. O acordo é igual que o acordo, por iso non asinamos nin un nin outro. As actas das reunións do día 12 (preacordo) e do día 14 (acordo), onde figuran as organizacións asinantes, remitímonos.

Sem comentários: