Conforme ao ERE, os criterios de selección dos traballadores e traballadoras afectados serán os establecidos na comunicación da empresa do 15 de xaneiro, coas excepcións contempladas no ERE no punto III “Extincións forzosas de contratos”.
Os criterios para os peches de oficinas son os que comunicaron no seu día e que foron publicados no Portal. O Acordo non modifica eses criterios, lembrar que só o 3,5% dos centros que pecharán teñen marxe ordinaria negativa.
As peticións das baixas indemnizadas poderán solicitarse dentro dos 30 días seguintes á sinatura do acordo e durante os 15 primeiros días dos anos 2014, 2015. Polo tanto todas as persoas que queiran acollerse ás prexubilacións deben inscribirse xa.
Hai outro prazo de acollemento ás baixas incentivadas para os traballadores/as afectados pola reorganización de SSCC, e reorganización e peches de oficinas. A empresa comunicará os peches e, nese momento, o persoal afectado ao que a empresa non oferte un traslado (sen que existan criterios obxectivos para decidir a quen se traslada ou a quen non), terá 15 días para decidir se solicita a baixa incentivada. A empresa terá 10 días para aceptar a petición de baixa. Polo tanto, malia que penses que o teu centro de traballo pode ser pechado, non é preciso que pidas agora a baixa indemnizada.
A suposta voluntariedade é falsa, o que demostra a mala fe da empresa; saben que oficinas pecharán, a quen recolocarán, e a quen queren despedir ameazando cunha indemnización menor se non marcha, facendo ver que a xente marchará voluntariamente. Este é un dos motivos polo que procederemos á impugnación, pero ademais daremos a batalla sindical.
Se hai despedimentos, hai conflito.
Asina a adhesión á impugnación.
Sem comentários:
Enviar um comentário