17.1.13

Comunicado censurado para boicotear a folga

Hoxe remitimos un comunicado dirixido a todos os traballadores e traballadoras con instruccións cara a folga e cun documento adxunto para colocar nas oficinas indicándolle á clientela que a oficina estará pechada de 12:00 a 12:30, explicando os motivos do paro.

Por parte da Dirección da Entidade non se repartiu o comunicado coas instruccións da folga, alegando que só eles poden facer un cartel dirixido á clientela.

O comunicado é o seguinte:

Recibimos numerosas consultas sobre cómo proceder o vindeiro luns na convocatoria do paro Indicar que esta convocatoria de paro parcial é legal e cos mesmos dereitos e obrigas que unha convocatoria de folga.

Instruccións:

  • O paro será na franxa horaria de 12:00 a 12:30.
  • Creemos convinte que o persoal abandone a oficina e se concentre na porta da mesma, repartindo os folletos de explicación do paro á clientela e a cidadanía en xeral que se achegue ás inmediacións. É recomendable momentos antes avisar a clientela que ás 12:00 se producirá o paro.
  • De non ser posible abandonar a oficina, debido á presenza de clientela que non quera abandonar a oficina, informaráselle que non poderá ser atendida ata as 12:30.
  • Non é necesario suspender o terminal, o importante é que non se produza ningun tecleo.
  • Non atender o teléfono durante o paro.
Anexábamos 1 documento avisando á clientela para evitarlle molestias e 1 documento para repartir na porta. 

Este comunicado foi CENSURADO.


Sem comentários: