23.1.13

A quen están enganando?

(O redactado en negriña e cursiva, son manifestacións da empresa)

As Seccións Sindicais “agardamos dos que participan no proceso negociador unha actitude esixente, pero construtiva, que axude a conseguir o mellor acordo para todos”.
Para iso é preciso recoñecer que detrás dos números hai familias. En contraposición a isto, contratan un bufete de avogados expertos en desguaces de empresas con obxectivos marcados en tempo, número de empregos a reducir e mínimo gasto no proceso, e isto non parece un bo punto de partida.

Sen embargo, debemos conseguir reducir a cifra publicada de 2.500 despedimentos ao inicio do proceso. Para elo hai dúas vías: vendendo parte da actividade que non pode seguir unida ao banco (a venda de EVO é o mellor exemplo e reduciría de xeito importante o impacto fóra de Galiza) e aplicando medidas de flexibilidade. Hai solucións e debemos atopalas”.

As únicas medidas contempladas na oferta presentada pola compañía van encamiñadas a despedir persoas. Non se recollen mecanismos alternativos tales como reducións de xornada, suspensións de contrato, reducións salariais. Por outra parte, as vendas de parte do negocio (que podería ser dentro ou fóra de Galiza) so dependen da Dirección e co plantexamento inicial que recolle exclusivamente medidas para a liquidación do persoal, dános a sensación que nin eles son moi optimistas.

“A empresa está xa analizando diferentes medidas para reducir o número de saídas e confía en que a representación sindical realice pola súa parte o mesmo exercicio, permitindo un plan menos duro que o inicialmente proposto sen deixar de dar resposta aos requirimentos impostos polo Plan de Recapitalización
.”

A Representación Sindical fixo este exercicio xa en tres procesos anteriores e está disposta a facelo todas as veces que sexa necesario. Pero para iso é imprescindible ter pleno coñecemento dos datos (localización de peches e criterios para a súa designación; perímetro e ubicación dos servizos centrais; número de persoas por centro de traballo; etc.; medidas complementarias de aforro de custes de explotación; todo elo solicitado na mesa de negociación), en conclusión, as motivacións e o que realmente pretende a Compañía, e con todo elo poder facer una proposta alternativa, seria e coherente, sen a presión do tempo. Neste momento non é posible, esperamos que o devir do proceso nolo facilite.

 “Señores da Empresa”, falen coas persoas ás que lles pagarán unha enorme cantidade de diñeiro por levar a negociación laboral e cóntenlles isto que nos din a nós.

E por certo, a cifra de 2500 “publicada” a deron vostedes e sobre os despedimentos do persoal de máis de 50 anos en 2013, lean a acta da mesa negociadora da reunión do luns 21. Por certo, de acordo cos datos incluídos no censo, as persoas maiores de 50 anos ao 31/12/2013, serán un total aproximado de 1.200; é dicir que ata os 2.500 aínda hai moito recorrido.

Presidente, vendo as comunicacións e os feitos, só nos quedan dúas alternativas:

Ou te enganan a tí, ou nos enganades a nos


Sem comentários: