31.12.12

Modificación Plan RA-YA

A Dirección comunicounos que o plan de incentivos unilateral posto en marcha pola empresa e que foi rexeitado por esta representación sindical, verase afectado polo proceso de reestruturación. 

No seu correo indican que o premio mensual pagarase ata novembro e o premio semestral pagarase tomando como data final do cómputo o 30 de novembro. 

Coma sempre non negocian e impoñen unilateralmente para poder incumprir e modificar os baremos segundo lle peta. Cando aprobaron unilateralmente o Plan RA-YA, xa advertiamos que a Dirección era amiga de prometer incentivos que despois non pagaba ou modificaba ao seu antollo.

Sem comentários: