O 3 de decembro asistimos, toda a representación sindical, a unha reunión co Presidente da Entidad da que podemos comunicar poucas novidades, insistiu novamente na viabilidade do seu proxecto, sen maior novidade sobre o que xa coñecemos.
O primeiro que temos que denunciar é que na reunión tratou de trasladar a responsabilidade da continuidade do “seu proxecto”, á aceptación dos 2.500 despidos por parte da representación sindical, botando novamene balóns fora, sen explicar cal é o proxecto concreto.
Pola súa parte RRHH pretendía convocar a unha reunión para comezar a falar dos 2.500 despedimentos o mércores día 5, cando sabían que ese día estaba prevista unha reunión de todos os sindicatos para analizar os pasos a dar.
Eles levan meses e eses negociando o Plan a tres bandas (Goberno Central, Bruselas, Dirección), pero pretenden que aceptemos as súas imposicións en dous días. Teñen presa, nos ningunha, estamos ante unha cuestión que queremos abordar dun xeito serio e reguroso, como non podía ser doutro xeito, e, o despedimento de 2.500 persoas é algo moi serio para ventilalo nunha tarde.
Frente aos que queren falar de despedir, nos queremos falar de emprego, de postos de traballo e da viabilidade futura da empresa. E por iso que conxuntamente insisitos que quereos sentarnos co propietario da Entidade FROB/Estado, para analizar o futuro e, dentro do posible, rematar coa incerteza. O Presidente ofreceuse para mediar coa Dirección do FROB para tratar de conseguir a reunión.
Aproveitando a reunión, RRHH comunicou o peche de 38 oficinas de EVO Banco (o 30% das oficinas), sen que responderan a ningunha das preguntas plantexadas ao respecto pola representación sindical. Ese peche levará a unha redución das Dirección de Zona (de 8 a 6), que pasarán a denominarse Direccións de División. Non hai tregua.
En definitiva e mais ala das intencións da Dirección da Entidade, correa de trasmisión do Estado/FROB, o vindeiro mércores os sindicatos abordaremos conxuntamente os pasos a dar para defender todos e cada un dos postos de traballo.
Agardamos contar co voso apoio e comprensión ante a negociación máis dificil da historia da Entidade.

CIG - CCOO - CSICA - UGT- ASCA - CGT
Sem comentários:
Enviar um comentário