Ao longo do último mes foron numerosas as noticias sobre o número de
despedimentos e as condicións dos mesmos que imporía a Troika, é por iso
que consideramos fundamental que a CIG, como representante dos
traballadores/as podamos reunirnos con quen toma a decisión. Para nos a
prioriade é a defensa dos postos de traballo, estamos convencidos que
tanto as prioridades do Goberno Central, coma da Dirección do banco eran
outras.
Dende o 11 de outubro, que solicitamos unha reunión co Comisario da Competencia Joaquín Almunia, viñamos traballando para poder reunirnos con quen se di que manda hoxe na Entidade: a Comisión Europea. O
vindeiro día 26 de novembro a CIG-Banca reunirase co equipo do Comité de
Axudas aos Estados da Comisión Europea, nomeadamente cos técnicos que
levan o caso de NCG Banco SA (novagalicia banco). A reunión coas persoas da equipa do Comisario da Competencia terá lugar antes de que se aprobe o Plan de Recapitalización que inclue o plan de reestruturación, é dicir o número de centros de traballo a pechar e o número de persoas a despedir.
Nos recibiran en Bruselas, pero o Ministerio de Economía e Competitividade, dirixido por Luis de Guindos, non contestou a nosa solicitude de reunión, un claro exemplo de opacidade e conduta antisindical.
Para a CIG os ERE´s aprobados noutras Entidades non son ningún espello no que mirarse, nos defenderemos os postos de traballo con uñas e dentes, hai que minimizar o impacto da reestruturación e agora é o momento.
Durante as asembleas de traballadores e traballadoras anunciamos que iríamos ata onde fixera falta para defender todos e cada un dos empregos, o 26 tócanos ir a Bruselas. Agardamos voltar cun bo feixe de postos de traballo salvados debaixo do brazo. Sabemos que a situación é dificil, pero temos claro que somos mellores negociadores que o Rajoy, Guindos e Castellano xuntos.
Podedes ampliar esta nova a través do noso Facebook e a través da páxina da CIG, onde temos colgada a carta que lle diriximos no seu día ao Comisario da Competencia.
Sem comentários:
Enviar um comentário