Tal e como anticipamos nas asembleas de traballadores e traballadoras a Troika ten previsto impoñer despedimentos masivos, coa indemnización de despedimento aprobada na contrareforma laboral polo Partido Popular, 20 días por ano traballado cun máximo dunha ano de salario. E tal e como dixemos, ante esta situación a CIG aposta por actuar conxuntamente.
A CIG ten convocado conxuntamente a nivel galego con CCOO e UGT unha FOLGA XERAL para o vindeiro 14 de novembro. Unha xornada de loita europea, que en empresas coma a nosa ten mais sentido que nunca.
Na mesma medida e ante as pretensións de realizar despedimentos masivos e baratos nas Entidades Intervidas (negámonos a utilizar o termo nacionalizadas, un banco nacionalizado é un banco público), decidimos dar o paso para que as concentracións sexan conxuntas. Así sumámonos ás mobilizacións anunciadas por CCOO e UGT para o 7 de novembro.
Sem comentários:
Enviar um comentário