23.8.12

Novo Decreto do FROB

Feijoo e Luis de Guindos, tanto monta...
O xornal Expansión publica hoxe o texto do Real Decreto que maña podería aprobar o goberno central. 

Somos conscientes da incerteza que a publicación do mesmo poda xerar sobre o futuro de novagalicia, Entidade na que traballamos 8.000 persoas, 6.000 na Galiza, neste senso recomendamos tranquilidade. 

Incluso naquelas entidades que poidan ser liquidadas os dereitos da clientela, estan garantidos (agás no caso dos posuidores de débeda subordinada), o que non estan garantidos son os postos de traballo.

Ante a transcendencia do Real Decreto que se aprobará maña, xa nos temos dirixido á Dirección da Entidade para solicitar información.

Sem comentários: