A Dirección anunciou que non recorrerá a sentenza favorable a un cliente afectado pola colocación das preferentes, unha decisión atinada que non cabe mais que aplaudir. Pero sen dúbida esta decisión é unha vitoria da clientela, coa súa mobilización fixeron imposible o recurso.
Ábrese agora unha vía, con luces e sombras. As luces que as sentenzas podan contribuir a solucionar o problema das preferentes para unha parte da clientela. As sombras seran para aquelas oficinas ou traballadores e traballadoras que venderon as preferentes ou as obrigas cumprindo a normativa a raxatabla. Quen fixo todo á perfección porá dificil aos seus clientes recuperar o diñeiro. Non dicimos que os traballadores/as das oficinas o fixeran pior ou mellor, pero as instruccións de Caixanova foron as que foron.
Sem comentários:
Enviar um comentário