9.7.12

José Luis Méndez segue sendo un fillo de....

Caixa Galicia condonou préstamos ao PP
José Luis Méndez López recibiu o respaldo do PP na Coruña e manterá o título de fillo honorífico desa cidade. O voto dos 14 concelleiros desa formación impediu debatir unha proposta do BNG para retirar o título honorífico ao ex Director Xeral de Caixa Galicia. Na súa intervención o PP dixo que "non se pode condenar a ninguen sen conclusións da Comisión de Investigación (que teñen bloqueado durante meses) e da Fiscalía Anticorrupción (que decidiu non investigar a José Luis Méndez e fillos como tiñamos solicitado)".

Se ese señor tivo as chaves da Caixa e  a deixou baleira, mais lles valería retirarlle as chaves da cidade da Coruña. Avisados están.

Sem comentários: