25.7.12

Fernández Ordoñez o incompetente.

O exgobernador do Banco de España Miguel Angel Fernández Ordoñez dixo na súa comparecencia que as dúas Caixas Galegas terían sido intervidas de non ser fusionadas. Algo que nos advertimos nas asembleas de traballadores/as realizadas durante o longo debate sobre a fusión.

O pasado mes de outubro ao tempo que remitimos o escrito á fiscalía que orixinou unha investigación e posterior denuncia ante a Audiencia Nacional, solicitamos por escrito ao Banco de España a apertura dun expediente aos directivos e aos Consellos de Administración de Caixa Galicia e Caixanova. O Banco de España contestou en decembro que non abriría ningun tipo de proceso.

Si as Caixas Galegas foron mal xestionadas porqué non utilizou Fernández Ordoñez os mecanismos oportunos?. 

A demanda da fiscalía advirte que os ex-Directivos incumpriron a obriga de informar ao Banco de España a respecto das súas indemnizacións, con toda a alarma social que estas provocaron, xa que logo que fixo o Banco de España ao respecto, como pudo denegar a apertura do expediente?.

As caixas foron mal xestionadas, o Banco de España nada fixo.

Fernández Ordoñez non ten autoridade moral para falar de nada, é cómplice.

Sem comentários: