Agustín Pérez Davila, irman do noso compañeiro e delegado Miguel, fixo unhas coplas que poñemos a vosa disposición.
Co diseño intelixente
e a reforma laboral
imos ir de xeito urxente
cara ao sistema feudal.
Que o parado sexa austeiro
e os ricos estragadores
iso é crise compañeiro
e mais crise de valores.
Si es doente ou vello, amigo,
mira ben que vas facer
que xa non es produtivo
tes todalas de perder.
Os que nunca se dan fartos
cos seus recortes sociais
enchen os que gardan cartos
en paraisos fiscais.
Gardaba a caixa aos paisanos
aforros a prazo fixo
agora que sonche bancos
o aforro trocouse en lixo.
A caixa foiche sitiada
dentro e fora por inimigos
gobernos e banca privada
e os seus propios directivos.
Coma abutres no festin
todos arredor da presa
da probre caixa galega
levaron o seu botín.
Para eles estan abertas
sempre as caixas de caudais
mais non saben non contestan
e pechan as sucursais.
Para ninguen e sorpresa
que non perden ocasión
de aldraxar a súa empresa
que ruina de xestión!
Sem comentários:
Enviar um comentário