O pasado 27 de abril
solicitamos a convocatoria urxente da comisión negociadora para a integración
dos plans de pensións de Caixa Galicia e Caixanova. A empresa convocou a reunión
para o día 9 de maio.
Adiar a negociación
de integración dos plans de pensións pode levar a súa transformación nun fondo
interno, perdendo dereitos. De aí que entendamos que é preciso un acordo xa e
sen mais dilacións.
Ademais a posible
absorción por un banco que teña internos os compromisos en materia de previsión
social (Grupo Santander), sen que teñamos un acordo en novagalicia que garanta
a existencia dos Plans de Pensións, sería entregarnos atados de pes e mans.
Por outra parte
ante a noticia de que os ex-directivos
que recibiron indemnizacións multimillonarias (que están sendo
investigadas por anticorrupción tras a denuncia da CIG, que ten citado para
final de mes a varios vogais dos Consellos de Administración das antigas Caixas) poden percibir prestacións que segundo
algúns medios acadarían os 33 millóns de euros, ante o que temos proposto reducir a prestación con
cargo ao plan de pensións que lle corresponderían a estes directivos a 1 euro. Unha
proposta que pensamos ten toda a lexitimidade e que ten amparo legal.
De aprobarse esa
proposta da CIG por parte da empresa e dos outros sindicatos, entendemos que
non sería preciso levar adiante o recorte das achegas pactado no ERE III para o
conxunto dos traballadores e traballadoras da entidade.
Sem comentários:
Enviar um comentário