1.2.12

Hai que ser rigoroso, estan en xogo postos de traballo

É público e notorio que o goberno central, desta volta do Partido Popular, prepara cambios lexislativos que condicionan o futuro da entidade e que defende que existe unha sobrecapacidade nas Entidades financeiras que estiman nun 20%. De aí o excedente inicial de 650 persoas que calcula a Dirección, ampliable no futuro.

O ano pasado a CIG, adiantándonos aos acontecementos, mantivemos unha reunión co Banco de España, como xa anunciamos daquela indicáronos que “hay recortes y exigiremos mas recortes en el futuro si entendemos que son necesarios”. Por certo a nosa denuncia na Fiscalía tamén ia dirixida contra o Banco de España.

Tampouco debemos agochar a cabeza coma a avestruz ante os problemas da Entidade, O propio Plan Breogán contemplaba un excedente froito da fusión de 1.230 persoas, 900 en Galiza, as que deron saída co E.R.E. inicial, pero o plano de viabilidade tamén contemplaba unha venda de oficinas fora de Galiza que non chegou a cuallar.

Ao non poder vendelas optaron por concentrar unhas e por pechar outras, a ampliación do ERE (as 350 baixas incentivadas) tiña como obxectivo principal dar saída ao “excedente” de persoal froito dos peches fora de Galiza. O problema segundo a Dirección residía na idade medida co cadro de persoal na rede 2, que non permitía saídas vía prexubilacions. Segundo expuseron os novos peches responderán a criterios de rendibilidade a curto/medio prazo.

O Preacordo do Convenio establece medidas preferentes para dar saída ao “excedente” e non fai referenza ás prexubilacións, que nos defenderemos. A presenza do despacho de Sagardoy non é casual, está negociando gran parte dos procesos de reestruturación do sector seguindo as pautas do preacordo. O vindeiro martes 7 está convocada a vindeira reunión, a CIG non presentará propostas correspóndelle neste momento á Dirección, que o fará no marco do Preacordo: reducións salariais; inaplicación do convenio nalgunhas materias;  suspensións de contratos, etc.

Temos pois un difícil panorama, dado que a decisión sobre o futuro é política e condicionará o emprego (cunha nova absorción o impacto sobre o emprego triplicaríase) temos en marcha reunións con grupos políticos e municipais en defensa do emprego. A primeira reunión terá lugar o xoves 2 co grupo parlamentar do BNG.

Por último aclarar que nos  somos un sindicato nacionalista e de clase e polo tanto internacionalista, non foi a CIG quen dixo que non lle importaba o que pasaba” mais ala de Pedrafita”. Ser nacionalista non ter nada que ver con desentenderse do que lle pase ao resto, iso é ser egoísta e individualista (o sindicalismo é a defensa colectiva do ben común, todo o contrario).  Curiosamente quen dixo esa frase foi o representante dun sindicato de ámbito Estatal, integrado por tránsfugas de diversa procedencia  (algúns incluso do CSICA).

Sem comentários: