O 15 de febreiro comparece o Presidente da Xunta de Galicia no Parlamento para responder a unha pregunta do BNG relativa á posición do seu goberno fronte á reforma do sistema financeiro.
As decisións pasadas e actuais que afectaban ao futuro das Caixas no seu día e que agora afectan ao banco, son decisións políticas, tomadas por políticos en base a criterios políticos: privatizar, concentrar e centralizar o sistema financeiro.
Foi Feijoo quen o 13 de marzo de 2011 encargoulle a José María Castellano pilotar o proceso de privatización das Caixas.
Feijoo puxo a fusión das Caixas como exemplo do que podían conseguir os galegos e galegas co seu goberno:
- Un proceso de privatización no que empresas baixo control público foron malvendidas.
- No que se dilapidaron milleiros de millóns de recursos públicos.
- No que uns cantos Directivos (blindados fronte a calquera investigación) enriqueceronse a costa de todos e todas.
- Un proceso no que se destruiron 2.000 empregos e suma e sigue.
Por iso maña, estaremos no Parlamento Galego.
Sem comentários:
Enviar um comentário