14.1.12

Renovados contratos temporais

Finalmente a empresa renovou contrato a aproximadamente 70 temporais, demostrándose unha vez mais que os argumentos esgrimidos para propoñer un novo ERE para 350 persoas son unha auténtica falacia. 

Aquí hai traballo para todos e todas os que estamos e mais, como demostra a temporalidade. Outra cuestión é que pretendan abaratar custes desfacéndose de persoal indefinido con antigüidade na empresa e con dereitos adquiridos, subcontratando traballo a terceiros en condicións precarias e incrementando a temporalidade. 

En todo caso a continuidade dos temporais é unha boa nova, entendemos que legalmente non poden propoñer un ERE nestas circunstancias. Outra cuestión é que pensen noutras vías para desfacerse de persoal, copiando os piores modelos da banca privada.

1 comentário:

Merdeiro disse...

Que otras formas hay?