18.1.12

Plan de Pensións

A Dirección Xeral de Seguros interpretou que a unificación dos plans de pensións de emprego de Caixanova e Caixa Galicia debería estar pechada o 1 de decembro de 2011, un ano despois da fusión legal de ambas empresas. Unha interpretación que compartimos.

Abriuse unha mesa negociadora e CCOO e UGT conseguiron que se contratase a unha empresa da súa propiedade para asesorar á representación sindical.

Malia que pasou o prazo legal para unificar os plans de emprego, non hai negociación de ningún tipo. Un incumprimento gravísimo que pode poñer en perigo que se manteña o fondo externo, para beneficio da actual Dirección.

Que pretenden? sen dúbida queren xogar co noso diñeiro como contrapartida na negociación dos despedimentos colectivos. O Acordo para despedir a 300/350 compañeiros/as porá tamén en xogo diñeiro que debería ser utilizado para complementar a nosa xubilación, invalidez, orfandade ou viuvidade. Xogan co noso pan presente e futuro.

Quen cobra e garda silencio, deberia dar unha explicación.

2 comentários:

cajanova/caja no va disse...

Caixanova non se rendeu ante os ataques do goberno de Feijoo. Un grupo de acaudalados ex directivos manteñen vivo o lume no exilio (non se descarta que coa axuda de Caballero).

O nome deixou de lado reminiscencias galeguistas para evitar que os Coruñeses volvan ás andadas.

http://www.cajanova.cl/index.htm

Eduardinho disse...

Nunca entenderei como se pode estar asignando cousas que o que fan é reventar familias e vidas tan alegremente, iso sí, as dos demais.Ao final son da mesma calaña que a tropa que onte despedían no cemiterio ao Fraga (ou Ybarra?)cantando o himno da nosa terra os que non fan mais que afundila. Pensarán que son dioses para decidir sobre as vidas dos compañeiros e compañeiras.
"...máis sóo os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non os entenden,non."