Ante as multitudes consultas que recibimos sobre a información facilitada pola empresa ao persoal, relativa a redución do número de pagos contemplada no Acordo Laboral da Fusión e mais ala da paga de beneficios de marzo que a Dirección cuestiona, queremos explicar o seguinte:
A información recibida por esta Sección Sindical é a mesma que recibiu o persoal.
Na reunión mantida o día 2 de xaneiro reclamamos do Departamento de Relacións Laborais , unha maior concreción e explicación ao persoal. Entendemos que debería facilitarse un documento individualizado coas nóminas anteriores e como quedaría cada unha das nóminas co novo sistema. Un documento semellante ao facilitado cando se produciu a transposición de categorías a niveis salariais no Convenio 2004.
Por parte de RRLL indicouse que ampliaran un infonómina e que poran en marcha un blog para contestar a todas as preguntas que podan xurdir.
Entendemos que a empresa non pode utilizar a unificación de pagos para reducir nin o salario base, nin os distintos conceptos. Si así é estaremos enfronte.
En todo caso agardamos mais explicacións sobre unha cuestión tan delicada como son as nóminas.
Pd. En relación á publicación dos salarios dos Directivos e dos Conselleiros entendemos que haxa sindicatos descontentos toda vez que se fixo pública a abultada retribución que percibe algún dos seus "líderes". Nos pensamos que é un exercicio de transparencia e polo tanto é positiva. Outra cuestión é que os salarios e indemnizacións sexan escandalosos e esixamos a súa rebaixa ou devolución segundo corresponda.
1 comentário:
A las dos personas de la oficina nos baja el salario base, es un escándalo.
Enviar um comentário