9.12.11

Concentración traballadores/as 15 decembro en Vigo

Conforme ao acordado na asemblea celebrada en Vigo, temos convocado unha concentración de traballadores e traballadoras para o vindeiro 15 de decembro. Está chamado a participar todo o persoal dos SSCC e das oficinas, nomeadamente as próximas á cidade de Vigo. 

Pídese que os participantes traian simbolicamente e na medida do posible un pan, defenderemos o pan das nosas familias.

A concentración será diante da sede central en García Barbón. Os delegados/as da CIG en novagalicia banco estaremos dende as 14:30 horas ata as 16:30, comendo alí para permitir que aquelas persoas que traballan nas proximidades de Vigo podan achegarse un tempo á concentración. Estades todos/as convidados/as. A concentración conta coa autorización da Subdelegación do Goberno.

Pedímosvos aos/ás que participedes que, na medida do posible, veñades simbolicamente cun pan debaixo do brazo. A concentración é para impedir que xoguen co noso pan, co das nosas familias.

Esta é unha primeira mobilización e despois de que pase principio de mes, estamos fixando o calendario para a celebración de asembleas no resto de Galiza.

Non faltan razóns para asistir:

* Cando unha Dirección fala alegremente de despedir, de ERE’s forzosos, de que sobra un número indeterminado de traballadores/as (entre 300 e 400), NON podemos quedar calados.
* Fronte aos que pretenden xerar medo no cadro de persoal para que aceptemos con mansedume traslados, extensións de xornada ou recortes salariais, NON podemos quedar calados.
* Fronte as agresións, veñan de onde veñan, só hai dúas opcións: ou organizarse e chantar cara, ou deixarse levar converténdose nunha vítima permanente.
* Houbo quen lle regalou ás Direccións un “mans libres”, para que podan facer o que lles dea a gaña, que podan trasladar, recortar pagas, despedir con baixas incentivadas. Por iso que temos que paralos, para que non nos paren e nos manden á rúa.

Se non damos parado á Dirección, e o día de mañá esta despide de xeito colectivo, podes chegar a arrepentirte se hoxe non participas na defensa dos postos de traballo. Acude á concentración.

15 de decembro das 14:30 ás 16:30 concentrémonos na Sede Central en Vigo
Fronte aos traslados e as ameazas de despedimentos
Defendamos o pan das nosas familias

1 comentário:

Bocata bocatatis disse...

Creo falta engadir que xa que hai que quedar a comer nas oficinas pola carga de traballo non está de mais ir a xantar xunto os "ciruxanos" un día. O seguinte igual hai que xantar na "novena" pero con kepchup e maionesa. Coa nosa vida non xoga ninguén!!!!