30.11.11

Sen comentarios

Non sabemos quen o puxo onde está (ou si, foi un dedazo de Alberto Nuñez Feijoo), non sabemos que puxo nesta empresa que semella que é del. Cando é de todos/as, pública, do Estado, o único investidor.

Quen mais e quen menos leva anos de esforzo, traballo, entrega, ilusión, el chegou onte e agora dí que sobramos os que levamos toda unha vida de entrega. 

Os de abaixo defenden o posto de traballo día a día nas oficinas, nos SSCC, coidando da clientela, tecemos polo maña o que as Direccións destecen pola noite. 

Mentres el viña para conseguir investidores en Setembro e non conseguiu nada, estamos en Decembro e falan de migallas, de fiestras abertas cara o futuro, de cinco anos. Fume.

Din que sobra xente na empresa, nos temos claro quen sobra: os que non cumpren co seu cometido.

Sem comentários: