25.11.11

Crónica Rosa: Méndez acude a unha entrega de premios

Entre as persoalidades que foron convidadas pola Voz de Galicia á entrega de Premios Fernández Latorre, "una amplia representación de la sociedad gallega" segundo ese xornal, figura o ex-director de Caixa Galicia José Luis Méndez, abofé que méritos non lle faltan.

Estivo sentado na "Mesa Castelao" (si Don Alfonso levantara a cabeza), xunto coa Conselleira de Facenda, o Conselleiro da Presidencia, o Presidente da Deputación da Coruña, o alcalde da Coruña, o Presidente de Portos do Estado, o ex-alcalde Paco Vazquez ou o Conselleiro Delegado de novagalicia banco.

Coa súa habitual sinxeleza e elegancia Méndez vestía un impecable traxe gris "two tone" e corbata granate.

Noutra orde de cousas, 6.900 persoas que traballan en novagalicia banco e novacaixagalicia, continuan preocupadas polo seu futuro laboral.

1 comentário:

Un que estivo no panteón de galegos ilustres disse...

Coma no ano 1984: Castelao é noso, do pobo, deixade de ultraxar o seu nome.