4.10.11

O Banco de España e a Consellería de Economía foron "amplamente informados"

Segundo consta nun acta do Consello de Administración de Caixa Galicia do 18 de outubro de 2010, o Banco de España e a Consellería de Facenda foron "amplamente informados" dunha serie de medidas salariais aprobadas "co coñecemento de Caixanova" que afectaban á estrutura salarial do persoal do Comité de Dirección e ás condicións aplicables en materia de prexubilacións para os seus integrantes. O citado acordo contou coa abstención por parte dos Conselleiros do Persoal (ambos de CCOO que agora critica as indemnizacións).

Dita acta foi recibida de xeito anónimo na CIG-Caixa Galicia e  postos en contacto coa Dirección esta non desmentiu a súa fiabilidade.

1 comentário:

Anónimo disse...

Entra nunha sucursal, colle o diñeiro e fuxe subido nun coche de alta cilindrada.


A noticia é que non era un ex-directivo!!