7.10.11

Mensaxe a un directivo de barbas: hai luxos que non podemos permitirnos

Os compañeiros e compañeiras da entidade estan fracamente preocupados pola hostilidade que moita xente demostra contra NCG Banco, SA, despois de que día a día se destapen os escándalos na xestión e do proceso de privatización.

Onte un dos agraciados coa loteria blindada, non tivo maior ocurrencia que asistir á sede central de Vigo, como querendo deixar claro que non se avergonza de nada, despois de que media cidada aparecera empapelada con carteis coas caras dos agraciados.

Pero o mais grave é que un Directivo procedente de Caixanova (que ten barba) e que continua como Directivo do Banco, estivo na entrada principal charlando un bo rato co "blindado".

Cada quen é libre de falar con quen queira, pero dentro da xornada laboral, na porta principal das instalacións da Caixa e ante a vista dos cabreados clientes, poñerse a chafardear non é de recibo. O directivo de barbas coa súa conducta está danando a imaxe de NCG Banco, SA.

Sem comentários: