Malia que será o FROB quen se faga co control de NCG Banco, SA., despois de que non se consolidase a entrada de inversores privados, Castellano continúa tomando decisións,como máximo dirixente do banco malia que a día de hoxe non achegou nin un can. Sorprendente.
A Voz de Galicia publica a fichaxe de Pedro Luis Uriarte Santamaría, exvicepresidente do BBV, para o Consello asesor de NCG Banco, SA. Este foi expedientado polo Banco de España e afrontou unha demanda xudicial, no caso BBVA, que foi pechado segundo varios medios despois dun pacto entre as cúpulas de Arxentaria e BBV.
Entraría tamén Juan Arena de la Mora, expresidente do Bankinter abandonou a entidade no ano 2007. Bankinter atravesa hoxe problemas laborais, como a maior parte das entidades está dixerindo a enchenta provocada pola xestión anterior ao estoupido da crise financeira do 2007. Da súa man a entidade orientouse principalmente ao gran cliente, ¿un anticipo do que pretenden face na caixa?. Calquera reorganización do negocio terá repercusións laborais, outro motivo para preocuparse.
En definitiva repítense os erros da anterior dirección coa entrada de asesores externos mais que cuestionables, renunciando ao talento propio. Novacaixagalicia é lider no sector financeiro en Galiza, moi lonxe por exemplo, do Bankinter
En definitiva repítense os erros da anterior dirección coa entrada de asesores externos mais que cuestionables, renunciando ao talento propio. Novacaixagalicia é lider no sector financeiro en Galiza, moi lonxe por exemplo, do Bankinter
Sem comentários:
Enviar um comentário