16.9.11

Altos Directivos procedentes de CaIxanova contratacan

MAFO, o liquidador das Caixas, detras Caballero.
A saída forzada de altos Directivos procedentes de Caixanova reabriu a guerra que vivimos ao longo do debate sobre o proceso de fusión, unha vez mais o reparto do poder está no transfondo. Abel Caballero, que manten numerosos negocios inmobiliarios con Caixanova (amiguiños si, pero a vaquiña polo que vale), abriu o lume. No seu día Carlos Principe xa avisou do posible pelotazo que estaría detras do apoio de Caballero a Caixanova, confirmado posteriormente polas operacións de Raminova. Tamén saiu a palestra o Presidente dos "Empresarios" Alvariño, anunciou que conta con inversores de Vigo que porían 1.800 millóns de euros. 

O Faro de Vigo publica hoxe unha noticia e fotos da chegada onte a Vigo do fundador do fondo de inversión JC Flowers, acompañado polo novo Director Xeral e un directivo procedente de Caixa Galicia, rematou o segredo sobre os inversores.  O interese dese fondo nas Caixas ven de antes, non é un logro de ninguén, xa quixo entrar na CAM pero foi vetado daquela polo BdE e tamén en Banca Cívica ou CajaSol.

Chistopher Flowers comezou a súa carreira traballando para Goldman Sachs, banco de inversión encargado da venda de activos de novacaixagalicia.
Nos onte publicábamos un artigo sobre o cambio de posición do Banco de España en relación a posibilidade de ceder o control de entidades financeiras a este tipo de fondos. Non foi casual, sabíamos da chegada de Flowers a Vigo e sorprendeunos o cambio de posición do BdE.

Unha vez mais a guerra está aberta e hai quen está disposto a seguir mancando a entidade con tal de seguir na poltrona, tanto dun lado, como de outro. O pelotazo é descomunal. Certamente a pregunta clave é ¿quen decidiu quen se quedaría coa Caixa a prezo de saldo?.

Sem comentários: