Fai un mes falar dun ERE aterrorizaba ao persoal e agora xustifican a ampliación do ERE pola "demanda do persoal", non é broma. Hoxe Dirección e CCOO, UGT, CSICA e Asca chegaron a un preacordo para ampliar o ERE que agora esta en fase de redacción.
Dende a primeira reunión da mesa negociadora para o traspaso ao banco a CIG viña insistindo na necesidade de dar cumprimento ao establecido no artigo 44 do Estatuto dos Traballadores/as, hoxe a empresa fixo entrega dun escrito no que o banco se subroga os dereitos e obrigacións e ademais garante as condicións laborais actuais e os acordos vixentes.
Unha vez conseguidas esas garantías, o preacordo proposto pola Dirección e que foi rexeitado pola CIG, redúcese a un documento de xustificación da ampliación do ERE, ou da negociación dun novo ERE si así o require a autoridade laboral.
A medida fundamental seran baixas incentivadas cunha indemnización de 45 días por ano traballado, cun mínimo de 9 e un máximo de 42 mensualidades.
Estas baixas poderan estar ligadas a mobilidade xeográfica (que é obrigatoria polo Pacto Laboral), percibindo nese caso o 70% da axuda prevista para a mobilidade. Quere dicir que si a empresa traslada a unha persoa e esta non quere aceptar o destino, a alternativa será o despido pagado. Como agardan traslados traumáticos, din que é mellor un marco de despedimentos con 45 días.
O acordo recolle outras medidas menores, co fin de "vestir" a ampliación do ERE, toda vez que insistimos as condicións laborais estan garantidas no documento entregado pola empresa en cumprimento do artigo 44.
Hoxe a Caixa comprometeuse a abrir un dialogo coa representación do persoal da Obra Social, o que poderíamos calificar como positivo, pero que acollemos con cautela ata coñecer que é o que poñen por riba da mesa.
Hoxe a Caixa comprometeuse a abrir un dialogo coa representación do persoal da Obra Social, o que poderíamos calificar como positivo, pero que acollemos con cautela ata coñecer que é o que poñen por riba da mesa.
Cando o día 22 de xuño a saída da segunda reunión a CIG dixo ante os medios de comunicación que se estaba negociando a ampliación do ERE anterior ou un novo, outros sindicatos dixeron na prensa que a CIG mentia e que estaba "creando un clima de miedo entre el personal". Agora xustificaron o ERE ante os medios pola "demanda del persoal". Sin comentarios.
2 comentários:
Debemos de traballar en distintas empresas, na miña a xente non tolea por marchar ao paro con 45 días por ano traballado.
Patetica UGT.
NO firmo el pacto laboral que eran prejubilaciones y ahora firma bajss incentivadas que son despidos, sobre todo fuera de Galicia.
Que sepais que recibio instrucciones del PSOE para "putear" el Pacto Laboral de la Fusión, conforme a la posición del partido contra la fusión.
Ahora recibio instrucciones para que favorezca el proceso de bancarización impulsado por el partido.
En breves días yo dejo UGT.
Enviar um comentário