![]() |
O Goberno "amigo" privatiza as caixas |
Manifestámoslle a nosa oposición a estas medidas nunha reunión entre sindicatos, pero UGT decidiu mantelas, polo que a CIG xa anunciou que non participaremos nunha Unidade de Acción con sindicatos que pretenden manter os salarios na caixa despedindo ao persoal das empresas auxiliares.
UGT propón, entre outras cuestións:
• Servizos exteriorizados: Estudio de aqueles que podan recuperarse para a súa realización con medios propios da Caixas para aproveitar e optimizar o cadro de persoal.
• Servizos Xerais: ...cando os traballos podan ser realizados polo persoal propio da caixa (atencións ao cliente externo e interno, deseño de campañas, traballos informáticos, etc) deberá de absterse a Entidade de subcontratar.
• Carteis para as oficinas: Eliminar a contratación de empresas externas para a colocación de carteis. Esta función pode ser realizada polo persoal adscrito a cada oficina.
(Podedes consultar estas propostas de UGT na web ugtnovacaixagalicia.com “medidas contención do gasto”).
Ese sindicato defende eliminar as subcontratas existentes, con persoal que leva anos de servizo para a Caixa con condicións máis precarias. Un absurdo se mire como se mire, xa que ese sindicato esquece que o custe do traballo subcontratado é inferior, por iso a caixa exteriorizou esas tarefas.
A CIG defende o mantemento do emprego nas empresas auxiliares a través dunha redistribución da carga de traballo para evitar duplicidades, pero mantendo o emprego e as condicións laborais.
Non entraremos nun xogo demagogo e corporativista, os salarios do persoal das caixas non se salvará porque se eliminen e, polo tanto se despida, ao persoal das subcontratas.
Sem comentários:
Enviar um comentário