O 2 de maio, a Dirección da empresa reuniuse coa representación sindical para presentarnos o plan de recapitalización esixido polo Banco de España, que dá cumprimento ao Real Decreto do Goberno do PSOE. Tal e como vimos anunciando dende o 20 de xaneiro, este plan leva incluído un duro axuste e recorte salarial.
A empresa pretende aforrar 43,5 millóns de euros anuais a través dun duro recorte polas seguintes vías:
• Eliminación dunha paga extra, a de beneficios, que se cobra no mes de marzo, xa que din que en base ao Convenio non corresponde polo baixo nivel de beneficios.
• Saídas de persoal non traumáticas. Din que hai xente que xa está abandonando a empresa por iniciativa propia e que iso supón un aforro.
• Actuación Masa Salarial. Informaron que nas negociacións por fóra da mesa do Convenio, están falando da conxelación salarial para este ano e dunha suba do IPC menos un punto para o que vén.
• Aplicación da sentencia de Unicaja. Desempolvan unha sentenza de Unicaja que di que o pago dos trienios nas pagas extras é “voluntario” por parte da empresa.
A maiores destas medidas, que din poder aplicar unilateralmente, pretenden negociar por separado con cada sindicato un recorte maior dos salarios. Que farán unha proposta de recorte porcentual por tramos (como na Renda, din). Tamén din que se algún traballador/a tivera problemas para pagar os présta-mos debido aos recortes salariais, poderían facilitar un período de carencia.
Este plan, segundo dixo a Dirección, vén imposto, e será aplicado dun xeito ou doutro; que formulan un plan de axuste solidario para evitar medidas traumáticas (despedimentos puros e duros).
Dende a CIG rexeitamos este plan e expuxemos o seguinte:
- Estamos vivindo chantaxes semellantes noutras empresas, nas que finalmente malia ser aceptados os recortes salariais houbo despedimentos e incluso ERE´s.
- Independentemente de que este plan é obrigatorio, debido ao proceso de privatización da entidade decidido polo PSOE (o auténtico responsable), pensamos que é preciso que se depuren responsabilidades na xestión.
- Denunciamos a marcha de persoas vinculadas a alta dirección no último mes, unha vez que coñeceron a proximidade dos recortes salariais. Un feito que rexeitamos totalmente.
- Cando se expón unha tan dura e drástica redución salarial, esiximos que se informe dos salarios individualizados das persoas da alta dirección. Non ten sentido que o pasado mes de outubro o Consello de Administración aprobara unha consolidación dos salarios da alta dirección (co visto bo da Xunta de Galicia e do Banco de España) e agora, a Dirección e o Banco de España pretendan recortar os nosos salarios baixo a ameaza de despedimentos.
3 comentários:
E acaso pra cando van quitar o complemento "das tardes" con alguns dos antigos servizos centrais de Caixa Galicia. Antes de tocarnos ó soldo ós que menos cobramos deberían igualar os horarios e eliminar ese custo innecesario tan grande pra a caixa.
Gayoso á saída do Consello de Administración: NO HAY MOTIVOS PARA ESTAR PREOCUPADOS.
Seran cousas da idade.
Estimado Clodomiro: No eres un visionario, si bien, todo lo que está sucediendo ya se predijo hace más de 2 años,.... pero perdona que te diga, creo que a este ritmo no llegaremos ni a la privatización. Todo ello con la ayuda de los acólitos a la dirección sea el Sr. Mariño (CCOO) y el Sr. Peso (CSICA). A saber cual ha sido su precio.
Lo más triste no es la reducción de salarios, si no, que no hay valor a plantear un nuevo ERE,...piden trabajar igual por menos salario (robar),.....y un güevo.... Ejecuten un ERE de reducción de jornada como realizan otras empresas en dificultades y no roben el capital del trabajador que es su esfuerzo diario.
Pero en definitiva, lo que realmente necesitamos es que nos intervengan de una vez por todas antes de que nos roben la cartera,....Y nos roban la cartera todos los días, sino pregunten por los costes de las salidas de la alta dirección (alta por estatura no se equivoquen ya que por categoria, la de ratas que abandonan el barco con los bolsillos llenos)
Enviar um comentário