Primeiro: A Xunta de Galicia debe dar explicacións sobre a tardanza en presentar o recursos ante o TC contra o Decreto de Privatización das Caixas. Dá a impresión de que seguindo instruccións do Partido Popular a nivel estatal, agardaron a que o Banco de España e o Ministerio de Economía autorizasen o Plan de Recapitalización de Bankia/Caja Madrid, dirixida polo exMinistro Rodrigo Rato, deixando de lado a novacaixagalicia.
Segundo: Estamos ante un recorte, non ante un plan de contención salarial, tal e como afirmou a Conselleira. Tampouco afecta a "retribución variable" como afirmou, afecta ao salario fixo cunha proposta concreta por parte da empresa. A retribución variable foi practicamente eliminada para a maior parte do persoal (non así para a Dirección que segundo figura na acta do Consello de Administración aprobou a consolidación dun 25% da retribución variable como fixa para a equipa directiva co visto bo da Xunta). Neste senso non é de recibo que a Consellería autorice fai 6 meses unha suba salarial dos Directivos e que agora defenda o recorte salarial para os traballadores e traballadoras.
Cuarto: Queremos lembrar que durante a tramitación da Lei de Caixas de Aforros do Parlamento Galego o Partido Popular mostrouse contrario a incluir unha maior transparencia no salario dos altos directivos das Caixas.
Quinto: Así mesmo foron o Partido Popular e o PSOE os que pactaron un período de transición dos órganos de goberno e das cúpulas directivas, impedindo a renovación e democratización da entidade, permitindo que os responsables da situación actual da Entidade continuen nos seus postos.
Sexto: Por último é preciso lembrar que o pasado mes de xuño de 2010 o PP e o PSOE pactaron unha modificación da LORCA a nivel estatal que incluiu por primeira vez a posibilidade de transformar as Caixas en Bancos. Unha lei que serviu de base para o actual decreto do Goberno Central e do Banco de España. Si hoxe estamos nesta situación é froito dese pacto aprol da privatización.
En todo caso solicitamos da Xunta de Galicia que cese de xeito fulminante os actuais órganos de goberno de novacaixagalicia e proceda de xeito inmediato á renovación dos mesmos.
Sem comentários:
Enviar um comentário