10.3.11

Negociación Convenio: Como veñen os neobanqueiros

Hai que advertir que a proposta da patronal das ex-caixas/neobanks, hai que enmarcala nunha primeira reunión da mesa negociadora, malia que a situación económica está sendo un argumento recorrente para recortes sociais e privatizacións.

Insistir en que o problema das caixas non é laboral, nin de organización do traballo, nin de baixa produtividade. Foi xerado por unha malísima xestión das Direccións e agora pola decisión política de privatizar as Caixas de Aforros.

Como en calquera outro proceso de privatización o primeiro obxectivo é recortar empregos e condicións laborais. Os “inversores” procuran o máximo beneficio a curto prazo. Nós non colaboramos coa privatización e temos claro que deben garantirse os postos de traballo e as condicións laborais.

Proposta ACARL:

Vixencia 2 anos.

Salarios:

  • Conxelación dos salarios.
  • Redución dos trienios que se calcularán ao 2% do salario base. Din que a antigüidade é un gasto improdutivo.
  • Implantar salario flexible (poder cobrar en especies, en produtos ou servizos).
  • Modificar a cláusula de absorción ou compensación. O que pode levar a conxelar os
  • salarios máis alá dos 2 anos de vixencia do Convenio.

Clasificación de Oficinas:

  • Desaparecería para subdirectores/as e responsables de riscos.
  • Os/as subdirectores/interventores cobrarán un plus, pero sen que implique categoría profesional.
  •  Queren ampliar o prazo de consolidación dos Directores/as máis alá dos 4 anos.

Mobilidade xeográfica: Din que ten que ser de aplicación xeneralizada. Proporán tramos
e compensacións. Algo que as dirección xa teñen conseguido a nivel de empresa.

Xornada e Horarios: Queren implantar a xornada flexible como a pactada por CCOO e
UGT na banca. Supón eliminar horarios e favorecer a extensión ilegal da xornada laboral.

Vacacións: Racionalizar (non din como, nin que, entenden por racionalizar).

Informáticos/as: Eliminar a “prevalencia”.

Absentismo: Non teñen datos de absentismo pero queren actuar nesta materia sen
explicalo.

Dende a CIG non imos entrar en recortes que, por moito que se diga, transcenden a vixencia do propio Convenio. Con esta proposta converxemos cara a aplicación do Convenio da Banca, digan o que digan.

Sem comentários: