20.1.11

A Caixa dos chinos ou de Amancio Ortega.

Canto esforzó persoal, sacrificio, entrega, ilusión, sin sabores, alegrías, tardes traballando de balde, noites sen durmir, levamos un traballiñó de chinos para abrir unha oficina, levantala, gañarse a confianza da clientela…e que dodado é para eles pechala.

Penélope barada en Itaca, destecia de noite o que tecía de día, agardando por Ulises: nos traballamos para levantalas oficinas e eles as pechan agardando… polos novos accionistas. 

Os Directivos das Caixas, que están a todo, deberon pensar: “Si cada chino pon un euro xa está, como son tantos non se poran de acordo e seguiremos mandando nos”. E meu dito meu feito,CECA ten unha visita a extremo oriente a procura de accionistas. A crise comezou pola “economía de casino” e a saida imola xogar aos “chinos”.

Claro que hai quen defende que a “nocaiga”* a merque Amancio Ortega (seica si quen a merca reside en Galiza da igual que se privatice). novazaracaixagalicia.

Volvendo aos peches, moitos dos compañeiros e compañeiras que abriron esas oficinas xa non están con nosco, outros están marchando pola porta de atrás, sen facer ruido, dando un exemplo a quenes montaron un “cristo” para seguir mandando (paritariamente iso si). 

En fin, pois iso, que descoñecemos realmente cales foron os criterios para decidir canto persoal sobra, cantas oficinas pechan… que criterio siguen para os peches, a saída do persoal, os ceses, os traslados…e logo falan de transparencia. Pero xa se sabe “cada un ve o mundo segundo o cristal polo que se mire” e mais que por un cristal o da Dirección debe ser un diamante. Bruto (que é como se fan as cousas), pero diamante. Por certo manteran nas oficinas de integración os dous sistemas operativos, isto é un matrimonio, pero con separación de bens.

* Medio país escacha coa risa co nome elexido, facendo uso do acrónimo “nocaga”, no canto do acrónimo correcto que sería (NOvaCAIxaGAlicia) “NOCAIGA”. Cecais traicionoulles o subconsciente.

LEMBRA, O 27 DE XANEIRO, FOLGA XERAL.

1 comentário:

Non da o mesmo disse...

Mais vale que nos desconten un día de traballo que nos desconten toda a vida. Ata en Africa saen as rúas. ESPABILADE OSTIA, ESPABILADE!!!!!