17.1.11

As Caixas e os especuladores.

Artigo de opinión do noso Secretario Nacional que publica a edición de hoxe do "Xornal" .

Clodo Montero
Os ataques dos especuladores e dos mercados tanto valen para xustificar os recortes no sistema público de pensións; as reformas laborais, ou a privatización das caixas de aforros.

Coma en cálquera crime debería ser doado identificar aos delincuentes económicos a partir do móvil, é dicir quén tira beneficios da especulación, os cidadáns teñen dereito a coñecer quén son os terroristas económicos que están detrás dos ataques aos nosos dereitos laborais-sociais e as nosas propiedades colectivas.

Puidera ser que moitos dos beneficiarios da crise da débeda pública non houbera que buscalos en “montañas lonxanas ou en remotos vales” quizais moitos están tranquilamente sentados nos seus caros despachos, cando non son recibidos na Moncloa con alfombra vermella. A crise é unha escusa para levar acabo reformas antisociais que non foron capaces de impor en tempos de bonanza debido a resistencia social; a intención de privatizar as caixas é anterior a crise económica.

A Comisión Europea e o FMI levan anos instando á privatización das caixas incluso cando Rodrigo Rato estaba ao fronte do citado fondo ultraliberal.

O Goberno central quere agora acelerar por decreto a privatización das caixas e estes a través de CECA viaxaran a extremo Oriente na procura de compradores.

PP e PSOE pactaron a creación da lei do FROB que iniciou a reconversión vía fusión das caixas e pactaron a reforma da Lorca (lei de caixas estatal) para transformalos en bancos e privatizalos. O presidente Feijóo fartouse de argumentar durante o debate do futuro das caixas galegas que estas eran de todos e de todas e que a nova entidade debía estar ao servizo do desenvolvemento económico do país. O seu silencio actual é unha mostra de covardía política e de sometemento ao PP estatal. O papel do PSOE galego é un caso aparte, con Abel Caballero á cabeza defendían a opción do SIP, e tal e coma diciamos daquela esa opción levaría á deslocalización e conversión nun banco das caixas galegas. O tempo demostrou que o recurso ante o Constitucional tiña coma obxectivo impedir que entrase en vigor a lei galega de caixas que blindaba ás entidades contra o proceso privatizador

Se non hai unha resposta social o maior patrimonio económico dos galegos e galegas creado co aforro de todos nós durante máis dun século pode rematar en mans dos especuladores que presionan para recortar dereitos laborais e sociais.

O 27 de xaneiro temos un motivo máis para ir á folga xeral, non só para que non nos rouben parte do noso patrimonio económico colectivo senón tamén para que as caixas de aforros non sexan convertidos nun instrumento especulativo que traballa contra a maioría social.

Artigo que publica hoxe o Xornal.

1 comentário:

Holmes, Sherlock Holmes disse...

Non hai cartos para levantar de novo a economía do pais e o único recurso que teñen para traer inversións e diñeiro extranxeiro é privatizar as Caixas.¡ESTE PAIS NON PRODUCE NADA, SÓ MANGANTES E ESPECULADORES!