Temos convocado as eleccións sindicais a nivel galego, presentando preavisos para os Comités Provinciais de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. O proceso iniciarase o 14 de maio coa constitución das mesas electorais, celebrándose previsiblemente as eleccións a principios de xuño.
Non convocamos as eleccións nos Comités de Servizos Centrais, dado que queríamos evitar posibles impugnacións, xa que cabe interpretar que parte dos Comités de SSCC terían o mandato en vigor.
Os traballadores e as traballadoras temos dereito a elixir democraticamente aos nosos representantes cada 4 anos. A día de hoxe a maior parte dos Comités de Empresa tiñan o mandato vencido. Serían os casos dos Comités Provinciais de Caixa Galicia en Ourense e Pontevedra e de todos os Comités de Caixanova. As únicas eleccións celebradas en Caixanova foron no 2007 (vai para 7 anos); o persoal desa empresa só puido votar unha vez en 16 anos, algo que non se pode volver a repetir.
Ademais, e malia esta situación anómala, cando asinaron os distintos ERE's o persoal nunca foi escoitado, non se convocaron asembleas para ratificar os acordos, nin se convocou un referendo. Estamos ante un modelo sindical totalmente antidemocrático.
Hoxe, cando estamos á espera da resolución da Comisión Europea sobre o novo Plan de Reestruturación, que nos obrigará a encarar un novo proceso de negociación que afectará ao emprego e as condicións laborais, cremos que chegou o momento de que o cadro de persoal poda votar.
2 comentários:
E que parte dos Comités de SS.CC. terian o mandato en vigor?
Nos que houbo eleccións fai menos de catro anos.
Enviar um comentário