8.4.14

As cifras claras: a mentira do ERE IV ao descuberto.

Mentres alguén non demostre o contrario as cifras do excedentes son claras e para iso están os dados oficiais. 

Na nota informativa remitida á CNMV informando dos resultados a 31/12/2013 a Entidade di que tiña a esa data 4.362 persoas. (Un ano antes eran 5.705 persoas).

Desa cifra habería que descontar as prexubilacións do 2014, entre 160-170. (Dados da empresa). As baixas incentivadas sitúanse no entorno das 30. É dicir quedarían 4.162 persoas en activo.

No Plan de Reestruturación se establece que poderán quedar 3.334 fte´s (postos de traballo a xornada completa). Dados publicados no Plan de Reestruturación; contemplados no ERE e explicados pola empresa na reunión do venres. 

A única medida prevista no ERE IV que minimiza o impacto laboral do Plan de Reestruturación é o reparto dos 3.334 postos traballo a xornada completa a través das reducións de xornada e salarios (do 20 e do 34%). Isto minora o ERE en 290 persoas (dado que figura no ERE IV). 

O cadro de persoal máximo que pode quedar son 3.334+290=3.624.

Cal é o "excedente" non resolto? 4.162-3.624 = 538 persoas.

Iso aplicando as  reducións de xornada e salarios contempladas no ERE que son moi gravosas para o persoal e mal deseñadas.  Ademais si ao mesmo tempo a empresa continua coa contratación temporal actual, as reducións de xornada ao persoal indefinido serían unha fraude absoluta.

Por último dicir que si a 31/12/2012 había 5.705 persoas (Comunicación á CNMV) e co ERE IV poderían quedar na empresa 3.624 despois do reparto do traballo (3.334 + 290). 

O ERE nunca foi para 1.850 persoas como se dixo, aplicando o ERE o "excedente" sobre o cadro de persoal do 2012 eran 2.081 persoas.

3 comentários:

Anónimo disse...

Pois creo que un directivo de empresas Coruña que non se apunto no seu plazo ao Ere4 e que ahora o botaron...pero colandolo de trampa nas baixas tipo A....fora de tempo

Administrador disse...

Non home que para iso hai sindicalistas tipo A, vixilantes na "Comisión de Mentimiento"...

Anónimo disse...

O que non e xusto e que o 456 do escalafon quedese fora e un enchufado que no seu momento legal non se apuntara agora a empresa o apunte fora do plazo