31.3.14

A nova Dirección repón no seu posto a responsables da desfeita.


O venres ás 20:30 horas algunhas persoas recibiron un correo indicándolles que a prensa publicaría o fin de semana o novo organigrama e que estaría a disposición do persoal o luns a primeira hora da maña. Semella claro que á clientela lle importa un pemento quen teña un posto no organigrama de novagalicia banco. Si hai alguén interesado sería o persoal, que en boa lóxica debería ser o primeiro en coñecer quen serán os seus xefes directos.

Pouco hai de novo neste organigrama de ¿nova?galicia, simplemente algúns ex-altos cargos da Dirección Comercial das Caixas, son repostos no seu sitio. O resto é propaganda.

Quizás a única información sobre estas persoas que lle interesaría á clientela, sobre todo a moitas persoas con preferentes, sería a que non se publica. Coñecer o grao de  participación que tiveron algúns dos da foto na política comercial das Caixas, nomeadamente na colocación baixo presión dese tipo de produtos.

En fin, algúns que saen na foto son os heroes da presión do PAC, coma onte o foron da venda de preferentes. Son os impulsores do mal rollo entre compañeiros/as, do sálvese quen poda, do de pisar ao veciño para salvarse un. E falan de facer a vida mais doada aos demais. 

Resulta chamativa a escasa presenza de mulleres no organigrama, que non garda relación coa porcentaxe de mulleres no cadro de persoal. É un organigrama machista.

Por último, hoxe mesmo o novo Director de Banca Minorista estrease na Voz de Galicia  e no Faro de Vigo contestando que a apertura das tardes non será revisada. Non agardábamos menos, ao fin do que se trata é de manter unha situación inxusta, non?.

Pd. Por certo unha cousa é nacer en Galiza, outra é ser galego/a i exercer como tal.

2 comentários:

Anónimo disse...

O tal Gabi sempre estivo no alto,cando estava enEVO pediu voltar sabendo o que se avecinaba e meteu presion a fondo cas preferentes...os mesmos can....nada cambia,pra que facer tanto test do carallo

Anónimo disse...

Gabi era Director Comercial en Galicia de Caixanova, como tal era o máximo responsable da comercialización das preferentes, que as numerosas sentenzas e arbitraxes sinalan que foi "inadecuada", por ser suaves.