9.1.14

Primeiro contacto laboral coa Dirección do Etcheverría

Hoxe tivo lugar o primeiro contacto laboral, non de cortesía, entre Directivos do Etcheverría e traballadores e traballadoras de novagalicia banco. Cando compañeiros e compañeiras de varias oficinas entraban no seu centro de traballo, foron abordados por persoas que se identificaron como “Directores do Etcheverría” que lles indicaron que estaban ali para “controlar os horarios de entrada do persoal de novagalicia”.

En novagalicia hai sistemas de control horario, coma é lóxico, e os traballadores e traballadoras temos un horario laboral pactado coa representación sindical que casi nunca se cumpre, algo que non imos negar, fanse horas de mais.

Queren os do Etcheverría controlar os horarios? Por nos encantados, pero que o fagan ben e conforme á lexislación. As oficinas están colapsadas e o persoal está estendendo a xornada laboral de balde, facendo milleiros de horas extras mais ala do límite legal, que non se pagan, non se compensan con tempo libre, nin se cotiza e tributa por elas. Horas extras ilegais que non sempre son voluntarias como establece a lexislación, as ameazas son habituais nas terras de Verín ou na central de Lugo.

É preciso advertir tamén que por seguridade non se debe deixar acceder a persoas non autorizadas aos centros de traballo fora do horario comercial, agás que teñades unha orde directa previa do voso superior de novagalicia banco. 

En fin, a actuación do Etcheverría é dunha torpeza absoluta, un mal comezo. Para nos sería doado devolverlle a visita e situarnos na porta da central do banco familiar betanceiro…coa pancarta.

2 comentários:

Anónimo disse...

Mal comienzo,de prepotencia,de nuevo rico,no es igual mandar en 40 oficinas que en 500,además aún no esta legalizada la jerarquía

Administrador disse...

Malia que o consideramos un feito aillado, certo é que a tardanza en comezar a traballar na integración dende o punto de vista laboral, da mostras de unha incapacidade preocupante, da imaxe de que a Dirección do Etcheverría non sabe por onde comezar e que isto lle ven grande.