Segundo a Dirección saínte, Novagalicia Banco estaría á cabeza das
probas realizadas polo BdE con carácter previo aos test europeos, certamente
despois de ser rescatada e salvada con inxentes recursos públicos. Un dato que,
de ser certo, formaría parte da trama agochada no proceso de poxa.
Moitos nos preguntamos
sobre o motivo da urxencia na poxa de Novagalicia Banco, unha poxa que
trasladou gran incerteza ao cadro de persoal, despois de que o Goberno/FROB
decidira non incluír a garantía de emprego. Quizais os resultados deses test
sexan un dos motivos: había que malvendela rápido, antes de que se soubera que
era a Entidade máis viable e solvente. Unha estafa en toda regra. E
sobre o “prezo da venda”.... falaremos
outro día.
Xogaron novamente co medo;
voceiros do PP chegaron a dicir publicamente, transmitindo incerteza á
clientela, que se non se vendía, Europa podía reclamar a devolución do rescate
e non estarían garantidos os aforros da clientela. Mentireiros.
Nos vindeiros meses iremos
coñecendo parte das condicións ocultas da poxa, entre elas as consecuencias
laborais, pero outras xa son coñecidas:
·
Cando dixeron que se “mantería o emprego”, a CIG solicitou o
peche do ERE IV; a resposta do novo
propietario (nos medios de comunicación) foi que seguiría aberto. Hoxe,
como todos e todas sabedes, quedan 74 oficinas por pechar e 350 saídas por
cubrir que serán baixas ou despedimentos.
·
Mentres as colas saturan a maior parte das oficinas e o
persoal fai horas extras ilegais, a Dirección pode aplicar reducións de xornada e salario do
20% e 34%, mantendo ao mesmo tempo contratos temporais.
·
A Entidade foi adquirida
cuns activos que continúan á venda, o que afectará aos postos de traballo de
UGAS.
·
Independentemente de que podan vir cun novo ERE, a absorción polo Etcheverría pode levar
ao cambio para o Convenio da Banca Privada. Neste senso, o Expediente de
modificación substancial pola venda de oficinas ao Etcheverría, asinado por
CCOO-CSICA-UGT-ASCA senta un precedente negativo, tal e como advertimos.
Por último, despois da
venda, din que procede renegociar o Plan de Reestruturación pactado polo Goberno
Español e a Comisión Europea; este tiña dúas patas: a redución de persoal e as
restricións do negocio. Sendo ambas importantes (non hai viabilidade sen plan
de negocio, pero non hai plan de negocio sen traballadores e traballadoras), consideramos
que sería
positivo que a nova Dirección se reunise coa representación sindical para
negociar o Plan a presentar ante Bruxelas e podamos actuar de xeito
conxunto ante as autoridades da Comisión Europea. Por este motivo, xa temos
solicitada unha reunión coa Dirección do Banco.
Sem comentários:
Enviar um comentário