Despois
da escisión de EVO Banco, efectuada o pasado día 9 de decembro, o cadro de
persoal sufriu un novo recorte de 589 persoas. E despois desta operación, queda
pendente a transmisión definitiva de NCG Banco S.A., que se achega ao seu
final, sen que ninguén pareza ter presente a realidade do cadro de persoal que
a conforma.
Con este motivo, as Seccións Sindicais de ASCA, CIG e UGT queremos facer visible o
temor que debido á consecuencia da venta está soportando o persoal. Somos coñecedores
de cal é o nivel de desmotivación real que se está sufrindo e que, como boa
parte do cadro de persoal está en Galiza, cabería pensar en aplicar o típico
“Malo será”.
Cremos
que non debemos fialo todo á sorte, e que algo temos que dicirlle tanto a quen
nos vende como a quen estea planeando a compra: SOMOS UNHA EMPRESA NA QUE
TRABALLAMOS PERSOAS, QUE LEVAMOS SUFRINDO MÁIS DE TRES ANOS DE DISTINTOS APRETÓNS
LABORAIS. E NON QUEREMOS MÁIS. DENDE O INICIO DA FUSIÓN FORON APROBADOS PLANS
QUE SUPOÑEN UNHA REDUCIÓN DE PERSOAL QUE SUPERA O 50%. NADA SEMELLANTE SE TEN PRODUCIDO
NO SECTOR.
O ano pasado aprobouse en Bruxelas un proxecto para esta
empresa, que se está cumprindo perfectamente e que nos sitúa nun grao de cumprimento
superior ao previsto. Reclamamos que se revise para, en todo caso, xerar máis postos
de traballo na empresa.
NON
PODEMOS ADMITIR UNA TRANSMISIÓN DA ENTIDADE CUNHA PERDA ENGADIDA DE POSTOS DE
TRABALLO.
Para tentar
evitalo, deseñamos un calendario de mobilizacións que comezaría cunha
concentración de delegados/as de ASCA,
CIG e UGT, diante do Banco de España na Coruña, co fin de entregarlle ao
Gobernador do dito banco un escrito pedindo o cumprimento dos plans
establecidos no que respecta ao emprego. Seguidamente, dariamos traslado ao
Consello de Administración da Entidade, copado polo FROB, dunha carta esixindo
que, á hora da venta, a mellor oferta sexa a que respecte máis postos de
traballo na empresa. A
esta concentración convidamos a calquera persoa que queira e poda sumarse, a
que asista, sexa da organización que sexa.
Dentro
do ano que remata, promoveremos unha concentración do persoal, coas súas familias
e amizades, na cidade de Santiago de Compostela, a celebrar o sábado día 21 de
decembro, na que mediante dous únicos lemas, “NCG: COMPROMISO POLO MANTEMENTO
DO EMPREGO E CON GALIZA” e “O QUE COMPRA, TAMÉN DEBE
COMPROMETERSE CO MANTEMENTO DO EMPREGO” daríamos traslado á sociedade
da nosa aposta por querer seguir traballando, e nos lugares nos que o facemos
agora.
Estas
convocatorias están abertas a toda organización que queira sumarse ás mesmas
(sindical, empresarial, política, etc.).
DEFENDAMOS O QUE É NOSO
Sem comentários:
Enviar um comentário