O
Presidente da Xunta de Galicia tivo que contestar onte unha interpelación do
BNG, a petición da CIG. Debaterase no Parlamento unha proposición para que se
paralice a poxa se non hai garantías para o emprego. Puxemos os postos de
traballo por riba da mesa, ese é o noso obxectivo despois de que o FROB nos
indicase que non se contemplan garantías.
En primeiro
lugar queremos agradecer ao BNG, e nomeadamente ao seu voceiro parlamentar
Francisco Jorquera, que formulase unha interpelación ao Presidente da Xunta de
Galiza no pleno do Parlamento Galego, preguntándolle se estaría de acordo con
que se paralice a poxa, entre outras cuestións, se esta non contempla garantías
para o emprego. Foi ante esta interpelación
que Feijoo contestou que aposta pola opción que permita “manter os Servizos
Centrais en Galiza” (o cal tampouco é unha garantía do emprego, poden manterse
pero reducidos). É lamentable que os medios recollan a declaración de
Feijoo, facendo ver que é unha decisión propia, cando tivemos que forzalo para
que falase.
Con
todo, é preciso lembrar que cando a final do ano 2012 coñecemos o durísimo Plan de Reestruturación aprobado polo
Goberno de España e a Comisión Europea que deu lugar ao maior ERE da historia
de Galiza, os sindicatos pedimos
reunións con Feijoo e os Conselleiros e a súa mediación para minimizalo,
sen que fósemos recibidos. O interese do
Feijoo polos nosos postos de traballo foi nulo.
Pero máis alá das verbas que as leva o
vento e de posados cara a galería, Feijoo terá que votar, xa que o BNG presentará unha Proposición Non de Lei (que
polo tanto deberá ser votada polo pleno) para que se paralice a poxa opaca de Novagalicia
Banco se non hai, entre outras cuestións, un compromiso de garantía de emprego.
Tamén presentarán mocións nos Concellos de Galiza, atentos á Coruña e Vigo, en
contra da poxa se non hai garantías de emprego.
Dicir que se está a favor do mantemento do
emprego ou pola alternativa menos mala é unha obviedade. Hai que moverse para
defendelo e para que se nos teña en conta. Niso seguimos traballando.
Sem comentários:
Enviar um comentário