22.11.13

Concentración no Concello de Vigo

Negreira vetou o debate da moción na Coruña
O vindeiro luns 25 de novembro o pleno do Concello de Vigo debaterá unha moción para que no proceso da poxa se recollan garantías do emprego e do mantemento dos Servizos Centrais na cidade. O PP de A Coruña vetou o debate no pleno dunha moción semellante. 

O 18 de novembro o Partido Popular vetou o debate no pleno do Concello de A Coruña, dunha moción que reclamaba garantías ante a poxa, tamén en materia de emprego. Carlos Negreira, alcalde de A Coruña, e os concelleiros do PP, non queren que sigan na cidade os Servizos Centrais e as empresas auxiliares de novagalicia banco. Prefiren someterse á disciplina do Partido antes que defender os postos de traballo de máis de 700 persoas na cidade.
 

Todos e todas tedes coñecidos, amigos, familiares, e incluso algúns de vos, estaredes afiliados ao Partido Popular, pedimos que vos dirixades a eles para que reclamen que neste proceso se manteñan os postos de traballo. 

O 25 de novembro debaterase no Concello de Vigo unha moción semellante e os delegados e delegadas da CIG en novagalicia banco concentrarémonos de 11 a 12 da maña para reclamar que se aprobe. Malia ser día laboral facemos un chamamento a todas aquelas persoas que poidan participar, por estar de vacacións, etc. Daremos cumprida conta do que suceda no pleno, de quen nos apoia e quen non.

Sem comentários: